
Son Diego Boquete Sánchez, na maioría da rede son Onosolar, podes atoparme en case todas as redes, pero nas únicas nas que son realmente activo é en Twitter e Instagram e en menor medida Facebook e YouTube.
Son un mestre galego, coa oposición de educación física, pero un tolo das novas tecnoloxías, namorado de Apple.
Neste momento desempeño o meu bo ou mal facer na @CIGEnsino – PáxinaWeb, como secretario de acción sindical e comunicación.
Son militante d’@Obloque – PáxinaWeb e milito na UPG que como sabedes forma parte do Bloque Nacionalista Galego.
Ultimamente estou recuperando un deporte que tiña esquecido a bicicleta, concretamente fago BTT cunha panda de chalados, podedes ver o que facemos no meu twitter ou facebook.
Que bonito quedou este parágrafo no seu día, pero agora mesmo a bicicleta volve estar colgada no garaxe salvo pequenas (20 ou 30km) e esporádicas saídas con Adrián que é o culpábel, en certa maneira de que isto ocorrera, posto que os seus partidos co @HóckeyCRaxoi – PáxinaWeb fixeron imposíbel manter unha continuidade. Por certo, Adrián agora milita no A.C. Ordes
Esta falta de continuidade na bicicleta é suplida polo Padel do que gozo no Crosspadel Sigüeiro.
Todo o tempo que lle dedico ao anterior róubollo a Celia, Alexandre e Adrián.