
Espero que este artigo non sexa mal entendido, sei, mellor dito supoño, que xerará polémica, pero espero e desexo que sexa ben entendido.
Como persoa activa socialmente que me considero ou como sindicalista, ou incluso, por que non dicilo aínda que estea mal visto, como político participei, participo e participarei en moitas loitas de diferentes causas e frontes.
- Teño participado en manifestacións e concentracións de interinas da consellaría de educación, primeiro séndoo eu e despois sen selo.
- Teño participado en manifestacións do metal, evidentemente sen ser traballadora do metal.
- Teño participado en manifestacións e concentracións de profesorado de distintas especialidades das que eu non son docente.
- Teño participado en manifestacións e concentracions do comercio sen eu ter traballado nunca nese sector.
- Teño participado en manifestacións e concentracións en defensa do agro galego sen eu ser gandeira ou agricultora.
- Teño participado en manifestacións e concentracións en defensa das minorías sociais, ás que eu por sorte ou casualidade non pertenzo.
En definitiva, teño participado en toda canta loita considero que a miña axuda pode servir para algo, como se di grao a grao faise a montaña.
A todas estas loitas sumase agora a presenza nas redes sociais, dando apoio, visibilidade a todas elas, para iso teño usado os hastags de todas estas loitas e outras que bens seguro esquezo.
Preguntarédesvos que a onde vou… Tranquilas que xa chegamos.
Se chegáchedes até aquí moitas de vós botariades en falta unha loita, loita que eu particularmente considero das máis importantes, se non a máis importante, e nesta loita foi na única na que en varias ocasións sentinme rechazado ou tiven que dar explicacións, xa fora en persoa ou a través das redes sociais.
Preguntas como:
Que fas presentando este acto se non es muller?
Como utilizas o hastag #NósParimosNósDecidimos se ti non es muller?
Si, a loita da que falo da loita das mulleres pola igualdade, ou da loita das mesmas polo seu dereito a decidir en canto a ter fillas ou non.
Pois, si, nesa loita sentinme rechazado ou, no mellor dos casos estraño, sei que o que vou dicir a moitas mulleres non lles gusta, ou non estarán de acordo, pero é o que penso, mentres os homes non vexamos como nosa esa loita a batalla seguirá, por iso remato o artigo pedíndovos que non nos expulsedes desta loita, que si sei vosa.
Espero a vosa opinión.
PD: Sei que para moitas mulleres si somos benvidos nesa loita.