Categorías
Onosolar

TEMOS LINGUA PROPIA

TEMOS LINGUA PROPIA

Categorías
Onosolar

A CIG-ENSINO apoia o uso do libro de texto posto en cuestión polo Valedor do Pobo e esixe ao conselleiro de educación que cese na súa cruzada contra o galego

A CIG-ENSINO apoia o uso do libro de texto posto en cuestión polo Valedor do Pobo e esixe ao conselleiro de educación que cese na súa cruzada contra o galego

Categorías
Onosolar

Aos poucos días de celebradas as eleccións xerais do 20N, estando eu escoitando unha emisora dunha radio pública, o locutor preguntáballe aos ouvintes que lle pedirían ao novo goberno do PP no Estado e un dos ouvintes contestoulle “eu pediríalle que se marche rápido”. Concordo totalmente con este radio ouvinte. XESÚS SEIXO FERNÁNDEZ

Categorías
Onosolar

Mobilizacións “orixinais”: NON EXISTEN

Hoxe pola mañá estaba pasando o ferro e escoitando a Pepa Fernández no “No es un día cualquiera”, cousa que fago desde que Àngels Barceló me “abandonou” por facer “Hora 25” facendo xa máis difícil o que de por si é un coñazo, pero volvamos ao tema.

Na parte final do programa Forges, Íñigo o e a propia Pepa comezaron a falar das folgas, que era necesaria unha lei de folgas, Pepa falou de sentirse secuestrada, utilizada… (creo son os adxectivos utilizados, pero tampouco é o máis importante) por pilotos, condutores de metro condutores de autobús, médicos… respostou Foges dicindo que faltaba orixinalidade nas mobilizacións e rematou Íñigo dicindo que o problema era que ningún partido se atrevía a facer a lei de folga.

Non existen mobilizacións orixinais

Só podo dicir que non apaguei a radio, pero comecei a falar só, e como ese é un primeiro signo de tolemia agora tócavos a vos oírme.

Orixinalidade nas mobilizacións

Ao rematar de pasar o ferro envieille a @forges un twitter (sigo esperando resposta) pedíndolle unha soa idea orixinal para unha mobilizacion e que afectase á patronal, o twitter exactamente era o que segue: Unha consulta para @forges e #Pepa que se siNten secuestradas polas folgas: darme unha soa medida “orixinal” que faga ceder á patronal. GRAZAS. 

Como eu, moitos sindicalistas estamos cansos de rompernos a cabeza tentando buscar medias de forza que sexan “orixinais, efectivas e que non me toquen o salario” e de verdade, non existen.

Medidas orixinais poden existir, pero só son complementarias, son medidas que che poden dar visibilidade, son medidas que fan que os medios se fixen en ti, na túa problemática… pero aí se quedan, se non conseguimos presionar á patronal esta non vai ceder, e o dito non coñezo ningunha medida “orixinal” que logre isto, de todas formas espero que me iluminedes ou axudedes, ou o que será máis seguro, que como Forges (e non é un ataque persoal, é só un exemplo) todos digades hai que buscar medidas máis orixinais pero ao pórse a pensar chegaredes á mesma conclusión á que cheguei eu: NON EXISTEN!

Categorías
Onosolar

O partido desta semana de Adrián

O partido desta semana de Adrián