Categorías
CIGEnsino Lingua Queremos Galego

Queremos Galego desenvolveu un acto ás portas de San Caetano para esixir a derrogación do Decreto contra o Galego e pedindo a retirada do anteproxecto da LOMCE

O Apalpador entregoulle ao conselleiro carbón pola actitude que mantén contra o galego e libros no noso idioma para que rectifique a súa políticia lingüística e defenda as competencias educativas fronte ao goberno central.
A plataforma Queremos Galego, da que forma parte a CIG-Ensino, iniciou o calendario de mobilizacións previsto para esixir a derrogación do Decreto 79/2010 contra o galego e a elaboración dunha nova norma que teña como punto de partida o Plan de Normalización Lingüística aprobado polo Parlamento no ano 2004, a través dun acto diante das dependencias da Xunta onde ademais exixiu a retirada do rascuño da Lei Orgánica de Mellora da Calidade Educativa (LOMCE), popularmente coñecida como Lei da Wertgoña, pola involución que representa en canto ao uso das linguas diferentes ao castelán, nomeadamente a galega. Máis información en Queremos Galego ou CIG-Ensino

Categorías
CIGEnsino Ensino

Aproveita as festas de Nadal para enviarlle esta postal ao Conselleiro, esixindo a paga extra de Nadal

Propoñémosvos que a enviedes esta tarxeta de Nadal ao Conselleiro nesta semana. Podedes facelo mediante correo electrónico desde a nosa páxina web no enderezo www.cig-ensino.com/tarxeta (non é obrigatorio identificarse) ou por correo ordinario ou fax. Neste caso podes descargar a tarxeta e imprimila desde este mesmo correo ou desde o enderezo www.cig-ensino.com/tarxetapapel.
É importante que participes na campaña enviando a túa tarxeta.  Así o conselleiro recibiría máis de 30.000 tarxetas esixindo a paga extra.

Categorías
CIGEnsino Ensino Lingua

A CIG-Ensino destaca que o TSXG tumba piares básicos nos que se asenta o Decreto de Plurilingüismo

A CIG-Ensino esixiu hoxe en rolda de prensa a súa derrogación e que se restableza o consenso do Plan Xeral de Normalización Lingüística do 2004
A CIG-Ensino destacou hoxe que coa sentenza na que estima parcialmente o recurso presentado pola central sindical ao Decreto 79/2010 de Plurilingüismo, o Tribunal Superior de Xustiza de Galiza declara ilegal o decreto en aspectos claves e tumbas dous dos piares básicos nos que se asenta a política lingüística do PP. O Secretario Nacional da CIG-Ensino, Anxo Louzao, destacou nunha rolda de prensa na que participou tamén a responsábel de Normalización, Marta Dacosta, a contundencia da sentenza e esixiulle á Xunta que rectifique e derrogue o decreto, retomando o consenso social ao que se chegou no 2004, co Plan Xeral de Normalización Lingüística.
Categorías
CIGEnsino

Asina Contra a LOMCE

Asina contra a LOMCEAsina pola retirada do anteproxecto da LOMCE (Lei Orgánica para a Mellora da Calidade Educativa).

Categorías
Onosolar

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza estima parcialmente o recurso contra o Decreto 79/2010 presentado pola CIG-Ensino

O Tribunal Superior de Xustiza de Galiza estima parcialmente o recurso contra o Decreto 79/2010 presentado pola CIG-Ensino