Categorías
Onosolar

PAREMOS os ATAQUES contra o GALEGO

Categorías
Onosolar

Subscríbete ao semanario Sermos Galiza

Subscríbete ao semanario Sermos Galiza

Categorías
Onosolar
Categorías
Onosolar

Plataforma Galega de Defensa do Ensino Público

Plataforma Galega de Defensa do Ensino Público

Categorías
Onosolar

Sermos Galiza

A redacción para un novo proxecto.

Unha redacción composta por cinco xornalistas, xunto cunha rede de persoas colaboradoras, son as responsábeis de botar a andar Sermos Galiza. Cun perfíl variado e con intereses profesionais en distintos ámbitos comunicativos, os cinco nomes compoñen o cadro de persoal inicial do novo xornal dixital e do semanario que nacerán en breve.

Co fin de artellar a redacción asumindo responsabilidades nas diversas áreas, os perfís profesionais escollidos responden tamén ás necesidades das distintas áreas comunicativas. Deste modo, Xesús Manuel Piñeiro, ocuparase dan sección de economía á que Sermos quere darlle o relevo que merece no momento de crise e desfeita do mundo laboral que vivimos. A súa experiencia en distintas cabeceiras de carácter diario dentro do ámbito da información económica avalan a súa traxectoria.

En distintos proxectos xornalísticos participou tamén Rodri Suárez, responsábel en Sermos da coordinación da área política, unha sección que se abre aos distintos aspectos sociais, organizativos e institucionais do acontecer galego.

Do mundo das organizacións non gubernamentais e o cooperativismo, con formación en temas de xénero e conciencia feminista, Beti Vázquez porase á fronte da área social do xornal.

Especial relevo daralle o novo xornal ao mundo da cultura. Propostas, iniciativas, protagonistas e análise da política institucional merecerán atención tanto no xornal dixital como no semanario. Como un novo elo na tradición do xornalismo galeguista e nacionalista, a cultura terá en Sermos un voceiro que pretende estar ao día, difundir, promover e ser un referente para un sector para quen a comunicación é un dos seus principais eixos. Carme Vidal e Antón Fernández Escuredo serán os xornalistas que se encargarán de abordar a información cultural en Sermos e porán ao tempo a atención noutras seccións novas que definen o perfil do medio informativo como será a preocupación pola recuperación da nosa memoria histórica.

A producción cultural dedicada ás crianzas terá tamén un espazo de privilexio en Sermos Galiza, en resposta á preocupación pola inmersión en galego nas idades primeiras. Música, teatro, libros, obradoiros e demais programacións ocuparán unha sección singular no panorama informativo galego.